BÓ VERÁN!

Despois de tantos días o curso chegou ao seu fin. É o momento de facer balance e de quedarnos coas cousas positivas, neste curso vivímos momentos moi especiais: a chegada das  nosas mestras de prácticas, a marcha da nosa compañeira Andrea que se tivo que cambiar de escola, a chegada dos nosos compañeiros Ana e Javier, dos momentos de cine, dos aniversarios, das actividades  en conxunto co resto da escola... 

 Pero agora é tempo de lecer, de desfrutar do sol do bó tempo e da compañía da familia e dos amigos. Pero non sen antes adicarlle unhas liñas a un gran compañeiro que cambia de escola. aínda que non é adeus senón un ata sempre. 
Volve cando queiras Gonza que te estaremos a agardar cos brazos abertos!

RAPACES CHEGOU O VERÁN ! 
ESTAMOS DE VACACIÓNS ! A DESFRUTAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario