BÓ VERÁN!

Despois de tantos días o curso chegou ao seu fin. É o momento de facer balance e de quedarnos coas cousas positivas, neste curso vivímos momentos moi especiais: a chegada das  nosas mestras de prácticas, a marcha da nosa compañeira Andrea que se tivo que cambiar de escola, a chegada dos nosos compañeiros Ana e Javier, dos momentos de cine, dos aniversarios, das actividades  en conxunto co resto da escola... 

 Pero agora é tempo de lecer, de desfrutar do sol do bó tempo e da compañía da familia e dos amigos. Pero non sen antes adicarlle unhas liñas a un gran compañeiro que cambia de escola. aínda que non é adeus senón un ata sempre. 
Volve cando queiras Gonza que te estaremos a agardar cos brazos abertos!

RAPACES CHEGOU O VERÁN ! 
ESTAMOS DE VACACIÓNS ! A DESFRUTAR!

FESTIVAL

O xoves día 19 de xuño tivo lugar o festival de fin de curso, onde fixemos numerosas actuacións e desfrutamos das feitas polos nosos compañeiras e compañeiros da escola e da inestimable compaña das vosas familias.

Preparadas para a actuación e... Posando!

A piques de abrirse a cortina e...


ACCIÓN!

A  nosa compañeira Lina, deleitounos coa súa voz  cantando Blanco Y Negro  de Malú.

       
                                   Fixemos unha obra de teatro en inglés, SENSACIONAL!

E rematamos movendo o esquelete a ritmo de Zumba!!!!!!

EXCURSIÓN AO LAGO CASTIÑEIRAS

Este ano, tivemos un fin de curso moi diferente ao que estamos acostumados, xa que a nosa saída foi conxunta co alumnado do CEIP Plurilingüe de Tirán ( Moaña). Foi un encontro moi divertido, xa que estivemos a cartearnos durante todo o ano con el e por fin puxémonos cara. Aquí van unhas fotos para a lembranza.