DEICA LOGO!

O venres 28 de marzo, rematou o seu período de estancia con nós  a profe Lucía, dende aquí queremos agradecerlle e recoñecerlle todo o traballo que fixo con cada un de nós ao longo destes meses, xa é unha máis de nós e polo tanto as portas da nosa aula están abertas para cando ela queira vir. 

Aquí estamos todos atentos lendo a fermosa carta que nos adicou , e a continuación veredes que é unha artista menudo ramo de chuches que nós trouxo!



Aquí estanos repartindo unhas chuches, o ramo estamos esperando a que veñan todos os alumnos, xa que o venres non estaban todos pero cando veñan.. NON VAI QUEDAR NIN RASTRO!

É por útimo é máis importante temos no noso poder un vale que pon 
"VALE PARA TERME  UNS DÍAS NA AULA E DE AXUDANTE DE BIBLIOTECA"

Agora non se pode voltar atrás e temos que usar o vale.


GRAZAS LUCÍA!




HORA DE LER

Por fin chegou o bo tempo, e durante a hora de lectura, saímos a desfrutar do privilexiado entorno que temos no noso cole, aquí deixamos unhas fotos, para que se poida observar canto desfrutamos.
















Canto se desfruta lendo un bo libro ao sol!