ATA CANDO QUEIRAS ANDREA!

Hoxe despedímonos da nosa compañeira Andrea, xa que marcha da nosa escola, foi un momento moi emotivo para grandes e pequenos, fixemoslle un agasallo para que lembre o seu paso pola nosa clase e así se acorde de nós. 



Aquí estamos todos entregándolle o agasallo, e na fotografía de abaixo está a homenaxeada co seu agasallo.



DESEXÁMOSCHE MOITA SORTE NA TÚA NOVA ANDANZA
E XA SABES ...
ATA CANDO QUEIRAS ANDREA!

PARABÉNS MANUEL!

A POSTAL GAÑADORA DO SEGUNDO CICLO É A SEGUINTE:


ESTÁ FEITA POLO NOSO COMPAÑEIRO MANUEL SUÁREZ MULLËR
PARABÉNS MANUEL!

BENVIDOS COMPAÑEIROS!

Hoxe chegaron a nosa clase dous novos compañeiros, Ana e Javier, fixemóslles uns pequenos agasallos, e quedaron moi contentos,de todos os xeitos como vale máis unha imaxe ca mil palabras, velaquí os tedes!!



Como non podía ser de outro xeito fixemos unha  foto " de familia"  para lembrar  o día que se incorporaron á clase os novos compañeiros.



CHEGOU A CORRESPONDENCIA DO ALUMNADO DE TIRÁN!

O pasado xoves, chegaron á escola as presentacións dos nosos amigos do C.E.I.P Plurilingüe de Tirán, todos estamos moi ledos,e xa estamos moi ilusionados preparando o seguinte envío. Aquí vos deixamos unhas fotografías do momento en que descubrimos como se chaman e quen son as nenas e nenos do segundo ciclo de Tirán.

                                                               4º DE PRIMARIA



                                                  3º DE PRIMARIA



         GRAZAS COMPAÑEIRAS/OS DE TIRÁN!!!!!!

PREPARANDO A CORRESPONDECIA PARA O ALUMNADO DE TIRÁN

 Esta semana estivemos a preparar ás nosas presentacións para o alumnado de Tirán, posto que nos ímos cartear con eles, a continuación podedes ver con que ansias traballamos e o resultado final, antes de envíalo. AGARDAMOS QUE LLES GUSTE!!










CHEGOU O SAMAÍN

O mércores 30 de outubro celebramos na nosa escola o día do Samaín, e pasámolo de medo! lemos un conto " Un vampiro na fiestra" e despois vimos o vídeo " A bruxa regañadentes"  . E despois ....  celebrámolo no patio, fixemos xogos, houbo un concurso de cabazas, de disfraces, un concurso de comics...  E como novidade elaboramos o mural dos medos entre todos o alumnado do colexio e un LIBRO MONSTRUOSO!

Aquí vos deixo unha fotografía  para que vexades o guapos que estabamos.