BENVIDOS COMPAÑEIROS!

Hoxe chegaron a nosa clase dous novos compañeiros, Ana e Javier, fixemóslles uns pequenos agasallos, e quedaron moi contentos,de todos os xeitos como vale máis unha imaxe ca mil palabras, velaquí os tedes!!



Como non podía ser de outro xeito fixemos unha  foto " de familia"  para lembrar  o día que se incorporaron á clase os novos compañeiros.



CHEGOU A CORRESPONDENCIA DO ALUMNADO DE TIRÁN!

O pasado xoves, chegaron á escola as presentacións dos nosos amigos do C.E.I.P Plurilingüe de Tirán, todos estamos moi ledos,e xa estamos moi ilusionados preparando o seguinte envío. Aquí vos deixamos unhas fotografías do momento en que descubrimos como se chaman e quen son as nenas e nenos do segundo ciclo de Tirán.

                                                               4º DE PRIMARIA



                                                  3º DE PRIMARIA



         GRAZAS COMPAÑEIRAS/OS DE TIRÁN!!!!!!

PREPARANDO A CORRESPONDECIA PARA O ALUMNADO DE TIRÁN

 Esta semana estivemos a preparar ás nosas presentacións para o alumnado de Tirán, posto que nos ímos cartear con eles, a continuación podedes ver con que ansias traballamos e o resultado final, antes de envíalo. AGARDAMOS QUE LLES GUSTE!!