BÓ VERÁN!

Despois de tantos días o curso chegou ao seu fin. É o momento de facer balance e de quedarnos coas cousas positivas, neste curso vivímos momentos moi especiais: a chegada das  nosas mestras de prácticas, a marcha da nosa compañeira Andrea que se tivo que cambiar de escola, a chegada dos nosos compañeiros Ana e Javier, dos momentos de cine, dos aniversarios, das actividades  en conxunto co resto da escola... 

 Pero agora é tempo de lecer, de desfrutar do sol do bó tempo e da compañía da familia e dos amigos. Pero non sen antes adicarlle unhas liñas a un gran compañeiro que cambia de escola. aínda que non é adeus senón un ata sempre. 
Volve cando queiras Gonza que te estaremos a agardar cos brazos abertos!

RAPACES CHEGOU O VERÁN ! 
ESTAMOS DE VACACIÓNS ! A DESFRUTAR!

FESTIVAL

O xoves día 19 de xuño tivo lugar o festival de fin de curso, onde fixemos numerosas actuacións e desfrutamos das feitas polos nosos compañeiras e compañeiros da escola e da inestimable compaña das vosas familias.

Preparadas para a actuación e... Posando!

A piques de abrirse a cortina e...


ACCIÓN!

A  nosa compañeira Lina, deleitounos coa súa voz  cantando Blanco Y Negro  de Malú.

       
                                   Fixemos unha obra de teatro en inglés, SENSACIONAL!

E rematamos movendo o esquelete a ritmo de Zumba!!!!!!

EXCURSIÓN AO LAGO CASTIÑEIRAS

Este ano, tivemos un fin de curso moi diferente ao que estamos acostumados, xa que a nosa saída foi conxunta co alumnado do CEIP Plurilingüe de Tirán ( Moaña). Foi un encontro moi divertido, xa que estivemos a cartearnos durante todo o ano con el e por fin puxémonos cara. Aquí van unhas fotos para a lembranza.







PARABÉNS CARLA !

A nosa compañeira Carla Pérez Cortizo, é a gañadora do concurso "A miña nai traballa " do Concello de Cotobade.
PARABÉNS CARLA!
                               aplausos

DEICA LOGO!

O venres 28 de marzo, rematou o seu período de estancia con nós  a profe Lucía, dende aquí queremos agradecerlle e recoñecerlle todo o traballo que fixo con cada un de nós ao longo destes meses, xa é unha máis de nós e polo tanto as portas da nosa aula están abertas para cando ela queira vir. 

Aquí estamos todos atentos lendo a fermosa carta que nos adicou , e a continuación veredes que é unha artista menudo ramo de chuches que nós trouxo!



Aquí estanos repartindo unhas chuches, o ramo estamos esperando a que veñan todos os alumnos, xa que o venres non estaban todos pero cando veñan.. NON VAI QUEDAR NIN RASTRO!

É por útimo é máis importante temos no noso poder un vale que pon 
"VALE PARA TERME  UNS DÍAS NA AULA E DE AXUDANTE DE BIBLIOTECA"

Agora non se pode voltar atrás e temos que usar o vale.


GRAZAS LUCÍA!




HORA DE LER

Por fin chegou o bo tempo, e durante a hora de lectura, saímos a desfrutar do privilexiado entorno que temos no noso cole, aquí deixamos unhas fotos, para que se poida observar canto desfrutamos.
















Canto se desfruta lendo un bo libro ao sol!

SORPRESAAA!!!

Hoxe tivemos unha sorpresa moi agradable, veunos visitar a nosa excompañeira Andrea, puxémonos moi nervosos, e estabamos desexando contarlle un montón de cousas, destes dous meses que levamos sen ela. 
Estamos moi contentos de que estea feliz no seu novo colexio e que se siga lembrando tanto de nós coma nós dela. GRAZAS  pola visita e xa sabes ATA CANDO QUEIRAS , ANDREA!!



PARABÉNS ERIKA!

Hoxe fomos á primeira xornada de deporte escolar, a carreira de campo a través no círcuito da Madalena en Soutelo de Montes,e a nosa compañeira Erika quedou de terceira na súa categoría dende aquí queremos felicitala polo seu esforzo.

Parabéns a todos e cada un dos participantes nesta carreira!