Palabrea letra a letra

Estreamos un dos xogos novos da biblioteca na clase de lengua para traballar a atención e comprobar a nosa habilidade na lectura buscando as palabras e ampliando o vocabulario.







HOXE XOGAMOS PARA APRENDER OS TIPOS DE NOMES

Hoxe tocounos aprender os tipos de nomes e para isto empregamos de novo o xogo para afianzar os coñecementos.
Tivemos un xogo que nos trouxo a aula a profe Paloma e que nos servíu para aclarar os conceptos dos diferentes tipos de nomes.





APRENDEMOS A ACENTUACIÓN XOGANDO

Nas horas de lengua tiñamos que traballar a acentuación e para isto decidimos facer uns xogos e así aprender dunha maneira lúdica. 
O primeiro que fixemos foi empregar os bloques de construcción para separar as palabras en sílabas e diferenciar a sílaba tónica, e unha vez que o tivemos claro  amosamos os nosos coñecementos cun dominó que nos trouxo a clase a profe Paloma, que é a mestra de PT que nos axuda na aula.







COMEZANDO 4º DE PRIMARIA

O pasado mes de setembro deu comezo un novo curso e para ir coñecéndonos un chisquiño fixemos unha actividade que consistía en ir poñendo posit de cores no corpo dun compañeiro.Tiñamos 5 posit de cores diferenetes e en cada un deles tiñamos que escribir unha cousa diferente por exemplo unha característica positiva, unha negativa, algo que nos gustaría facer con esa persoa e pola contra algo que non nos gustaría facer e por último unha cousa que consideran que debera cambiar.
Aquí deixamos as fotografías para que se poida observar o ben que o pasamos.