MAÍS ALÓ DO AZUL E DO ROSA





 DE SEGUIDO APARECE UN TEXTO SACADO DO XORNAL " A VOZ DE GALICIA" QUE DEBES COMENTAR:
 



                                         Os roles sexuais son culturais e apréndense co tempo


«Que guapa é a nena... ¡E el que fortachón!». Os estereotipos sexistas están tan arraigados na sociedade que apenas somos conscientes da súa existencia. Pero se facemos un esforzo por detectalos comprobaremos que están en todas partes, en forma de mensaxes subliminares que reforzan uns valores nos nenos e outros, moi distintos, nas nenas. Os nenos non choran, o rosa é unha cor de nenas; eles son uns brutos ou esa non é forma de sentarse para unha señorita son algunhas das frases que aínda hoxe en día chegan aos oídos dos máis pequenos. De feito, ao redor dos tres anos de idade xa teñen unha idea bastante clara do comportamento que a sociedade espera dun e outro sexo.
E é que a masculinidade e a feminidade apréndense. Nos primeiros anos de vida nenos e nenas interiorizan o rol sexual que a sociedade lles adxudicou. O referente é o que teñen máis a man: consideran como masculino o que fai o seu pai e como feminino o que fai a súa nai. Pero ademais da influencia da familia existen outras moitas canles transmisores de estereotipos: o colexio, a televisión, as películas, os xoguetes, os compañeiros, os videoxogos? Á marxe das evidentes diferenzas físicas e psicolóxicas entre un xénero e outro, son os condicionantes sociais os principais responsables dos roles tradicionais, que son estes:
? A elas obrígaselles a ser tenras e afectuosas. Incluso se acepta que sexan submisas, pasivas, dependentes ou inestables. Pero en cambio prohíbeselles ser violentas, dominantes ou inconformistas.